Sunday 05 de May de 2024

O Alcalde de Oleiros bloquea o control pola oposición de todos os seus actos ao deixar de convocar os Plenos ordinarios


As competencias do pleno mais relevantes tenas delegadas noutros órganos co que a súa xestión escapa a toda supervisión.

No que vai de ano o Alcalde de Oleiros deixou de convocar dous plenos ordinarios. O argumento que emprega o rexedor é que non hai contidos suficientes para a súa convocatoria.

Segundo os populares “García Seoane esquécese de aclarar que iso ocorre porque todas as competencias plenarias traspasounas a outros órganos da administración municipal para evitar o control da súa xestión”.
Ademais, segundo os populares, é neses plenos ordinarios, pois así o establece a lexislación vixente, onde a oposición pode levar a cabo o seu labor constitucional de control e impulso da actividade municipal, presentando mocións, rogos e preguntas.
Para o PP de Oleiros o Alcalde: “Nin dá conta do que fai nin quere que se lle pida” e “Se a isto engádeselle o control ferreo que ten sobre todos os medios de comunicación municipais aos que hai que sumar as súas intervencións financiadas polas arcas do Concello nos medios de comunicación privados, a realidade que se transmite é única e exclusivamente a que o señor García Seoane quere que se coñeza”.

É sabido que a oposición non ten oco algún na Radio Municipal de Oleiros pois está reservada ao señor García Seoane. No Vivir en Oleiros os grupos políticos teñen limitada a súa participación a unhas poucas liñas na contraportada quedando o resto ao dispor da publicidade e propaganda do señor Alcalde. Ademais, Gelo utiliza os paneis luminoso con fins políticos asi como a web municipal e as súas intervencións en distintas emisoras privadas locais pagas polos orzamentos municipais.

A xuízo dos populares “Estes son síntomas alarmantes de falta de transparencia e poñen de manifesto a burla absoluta de elemntales principios democráticos por parte do máximo rexedor de Oleiros”.